
Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería. Para
aforrar enerxía da batería, teña en conta o seguinte:
● O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan
a conectividade Bluetooth, ou cando permite que estas
funcións se executen en segundo plano mentres utiliza
outras. Desactive a conectividade Bluetooth cando non a
necesite.
● O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan
a rede LAN sen fíos (WLAN), ou cando permite que estas
funcións se executen en segundo plano mentres utiliza
outras. A WLAN do teléfono Nokia apágase cando non
tenta conectar, cando non está conectada cun punto de
acceso ou cando non está buscando redes dispoñibles.
Axuda
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18

Para reducir mis o consumo da batera, pode especificar
que o dispositivo non busque redes dispoibles en segundo
plano ou que o faga con menor frecuencia.
● Se seleccionou
Conexión paquetes datos
>
Se está
dispoñible
nos axustes de conexión e non existe
cobertura de paquetes de datos (GPRS), o dispositivo tenta
establecer periodicamente unha conexión de paquetes de
datos. Para aumentar a duracin do funcionamento do tel
fono, seleccione
Conexión paquetes datos
>
Se
cómpre
.
● A aplicación Mapas descarga nova información do mapa
cando vostede se despraza ata novas zonas deste, o que
aumenta o consumo de enerxía da batería. É posible evitar
a descarga automática de novos mapas.
● Se a potencia do sinal da rede móbil varía
considerablemente na súa zona, o dispositivo buscará a
rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
Se se axusta o modo de rede en modo dual nos axustes de
rede, o dispositivo buscará a rede UMTS. Para que o
dispositivo só utilice a rede GSM, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Rede
>
Modo de rede
>
GSM
.
● A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía
da batería. Nos axustes da pantalla, é posible cambiar o
tempo de espera que desexa que transcorra para que se
apague a luz de fondo e axustar o sensor de luz que
observa as condicións de iluminación e que axusta o brillo
da pantalla. Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Pantalla
>
Duración luz
ou
Sensor de luz
.
● Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano
aumenta o consumo de enerxía da batería. Para pechar as
aplicacións que non utiliza, manteña premida a tecla de
menú, manteña seleccionada a aplicación e, a
continuación, seleccione
Saír
. Non todas as aplicacións
permiten facer isto.