Códigos de acceso
Código PIN ou
PIN2
(4-8 díxitos)
Estes protexen a tarxeta SIM dun uso non
autorizado ou son necesarios para acceder
a algunhas funcións.
Pode configurar o dispositivo para que
pregunte polo código PIN cando o acenda.
Se os códigos non se fornecen coa tarxeta
SIM ou esqueceunos, póñase en contacto co
provedor do servizo.
Se introduce o código incorrectamente tres
veces seguidas, é necesario desbloquear o
código co código PUK ou PUK2.
Código PUK ou
PUK2
(8 díxitos)
Estes requírense para desbloquear o código
PIN ou o PIN2.
Se non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase
en contacto co seu provedor do servizo.
Número da
IMEI
(15 díxitos)
Este número utilízase para identificar
dispositivos válidos na rede. O número
tamén se pode utilizar para bloquear, por
exemplo, dispositivos roubados.
Para ver o número IMEI, marque *#06#.
Código de
bloqueo
Este código axúdalle a protexer o dispositivo
contra o uso non autorizado.
(código de
seguridade)
(mín. 4 díxitos
ou caracteres)
Pode configurar o dispositivo para que
pregunte polo código de bloqueo que
defina.
Garde o código secreto nun lugar seguro,
lonxe do dispositivo.
Se esquece o código e o dispositivo se
bloquea, requirirase asistencia técnica. É
posible que se apliquen tarifas adicionais e
que se eliminen todos os datos persoais do
dispositivo.
Para obter máis información, póñase en
contacto cun Centro de Nokia Care ou co
distribuidor do dispositivo.