Axustes de chamada
Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
. Seleccione
Chamando
>
Chamada
e unha das seguintes opcións:
●
Enviar a miña identidade
— Seleccione
Si
para amosar
o seu número de teléfono á persoa á que está a chamar.
Para empregar o axuste acordado co fornecedor de
servizos, seleccione
Fixar pola rede
(servizo de rede).
●
Chamada en espera
— Permite activar o teléfono para
notificarlle as chamadas entrantes mentres se atopa
noutra chamada (servizo de rede) ou comprobar se esta
función está activada.
●
Rexeitar chamada mens.
— Permite activar o
rexeitamento dunha chamada e o envío dunha mensaxe
de texto para informar á persoa que chama do motivo polo
que non puido responder á chamada.
●
Texto da mensaxe
— Permite escribir a mensaxe de
texto estándar que se enviará ao rexeitar unha chamada.
●
Vídeo propio á cham. ent.
— Seleccione esta opción para
permitir ou rexeitar o envío de vídeo durante unha
chamada de vídeo desde o seu dispositivo.
●
Imaxe en videochamada
— Se non se envía o vídeo
durante unha videochamada, pode seleccionar que se
amose unha imaxe fixa no seu lugar.
●
Rechamada automática
— Permite configurar o
dispositivo para que realice un máximo de 10 intentos
para conectar a chamada despois dun intento de chamada
sen éxito. Para deter a rechamada automática, prema a
tecla Fin.
●
Amosar duración cham.
— Permite amosar a duración
dunha chamada durante o transcurso desta.
●
Resumo tras chamada
— Permite amosar a duración
dunha chamada unha vez rematada.
●
Marc. rápida
— Permite activar a marcación rápida.
●
Calquera tecla responde
— Permite activar a resposta
mediante calquera tecla.
Axustes
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
108
●
Liña en uso
— Este axuste (servizo de rede) só se amosa
se a tarxeta SIM admite dous números de subscritor, é
dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione que liña de
teléfono desexa utilizar para facer chamadas e enviar
mensaxes de texto. As chamadas de ámbalas dúas liñas
poden responderse sen ter en conta a liña seleccionada.
Se selecciona
Liña 2
e non se subscribiu a este servizo de
rede, non poderá realizar chamadas. Cando se selecciona
a liña 2, amósase na pantalla de inicio.
●
Cambio de liña
— Seleccione esta opción para impedir a
selección de liñas (servizo de rede), se a tarxeta SIM admite
esta opción. Para cambiar este axuste, necesita o código
PIN2.