Restrición de chamadas
A restrición de chamadas (servizo de rede) permite restrinxir
as chamadas que realice ou reciba co dispositivo. Por
exemplo, pode restrinxir todas as chamadas internacionais
saíntes ou entrantes cando se atopa no estranxeiro. Para
cambiar os axustes, necesita obter o contrasinal de restrición
do seu fornecedor de servizos.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Restricións
.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que
restrinxen as chamadas (coma a restrición de chamadas, os
grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa), pode que sexa
posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de
chamadas non poden estar activos ao mesmo tempo.
Restrición de chamadas de voz
Seleccione a opción de restrición desexada e
Activar
,
Desactivar
ou
Comprobar estado
. A restrición de chamadas
afecta a todas as chamadas, incluídas as chamadas de datos.
Axustes
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
109
22. Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo,
consulte as páxinas de asistencia técnica do produto na
páxina www.nokia.com/support.
P: Cal é o meu contrasinal para os códigos de
bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece
o código, póñase en contacto co provedor do teléfono. Se
esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu dito código,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede. Se
desexa obter máis información sobre os contrasinais, póñase
en contacto co fornecedor do seu punto de acceso, por
exemplo, un fornecedor de servizos da Internet comercial
(ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.
P: Como pecho unha aplicación que non está a
responder?
R: Manteña premida a tecla Menú. Manteña seleccionada a
icona da aplicación e seleccione
Saír
.
P: Por que as imaxes semellan borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección do obxectivo da
cámara estean limpas.
P: Por que cada vez que acendo o dispositivo
aparecen puntos descoloridos, brillantes ou que
non aparecen na pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste tipo de pantalla. É
posible que algunhas pantallas conteñan píxeles ou puntos
que permanecen activados ou desactivados. Isto é normal,
non se trata dun fallo.
P: Por que o meu dispositivo Nokia non pode
establecer unha conexión GPS?
R: O establecemento dunha conexión GPS pode tardar desde
un par de segundos ata algúns minutos. O establecemento
dunha conexión GPS nun vehículo pode tardar máis tempo.
Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para
recibir un sinal mellor. Se se atopa ao aire libre, desprácese
ata un espazo máis aberto. Asegúrese de que a súa man non
tapa a antena GPS do dispositivo. Se as condicións climáticas
non son boas, a intensidade do sinal pódese ver afectada.
Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que
poden bloquear os sinais dos satélites.
P: Por que non podo atopar o dispositivo do meu
amigo mentres utilizo a conectividade Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles,
teñen activada a conectividade Bluetooth e non están en
modo oculto. Comprobe tamén que a distancia entre os dous
dispositivos non supera os 10 metros (33 polgadas) e que non
hai paredes nin demais obstáculos entre os dispositivos.
P: Por que non podo finalizar unha conexión
Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode finalizar
a conexión desde o outro dispositivo ou desactivando a
conectividade Bluetooth no teléfono. Seleccione
Menú
>