Teléfono e SIM
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión
teléfono
>
Seguridade
>
Teléfono e tarxeta SIM
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
●
Petición de código PIN
— Cando esta opción está activa,
solicítase o código cada vez que se acende o dispositivo. É
posible que algunhas tarxetas SIM non admitan a
desactivación da solicitude do código PIN.
●
Código PIN
e
Código PIN2
— Permite cambiar o código
PIN e PIN2. Estes códigos só poden incluír números. Evite
o uso de códigos de acceso similares aos números de
emerxencia para evitar unha marcación accidental do
número de emerxencia. Se esquece o código PIN ou o PIN2,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Se
esquece o código de bloqueo, póñase en contacto cun
punto de atención Nokia Care ou co seu fornecedor de
servizos.
●
Código de bloqueo
— O código de bloqueo utilízase para
desbloquear o dispositivo. Para evitar o uso non
autorizado do dispositivo, modifique o código de bloqueo.
O código preestablecido é 12345. O código novo pode
conter entre 4 e 255 caracteres de lonxitude. Poden
utilizarse caracteres alfanuméricos en maiúsculas e
minúsculas. O dispositivo notifícalle se o código de
bloqueo non está formatado axeitadamente. Manteña o
novo código nun lugar secreto e lonxe do dispositivo.
●
Tempo bloq. autom. tlf.
— Para evitar o uso non
autorizado, é posible axustar o tempo de espera que
desexa que transcorra para que o dispositivo se bloquee
automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se
poden utilizar ata que se introduce o código de bloqueo
correcto. Para desactivar o bloqueo automático,
seleccione
Ningún
.
●
Bloq. se cambia tarx. SIM
— Permite axustar o
dispositivo para que solicite o código de bloqueo cando se
insire unha tarxeta SIM descoñecida no dispositivo. O
dispositivo mantén unha lista de tarxetas SIM que se
recoñecen como tarxetas do titular.
●
Bloqueo teléfono remoto
— Permite activar ou
desactivar o bloqueo remoto.
●
Grupo usuarios pechado
— Permite especificar un grupo
de persoas aos que pode chamar e que poden chamarlle
(servizo de rede).
●
Confirmar servizos SIM
— Permite axustar o dispositivo
para amosar mensaxes de confirmación cando está a
utilizar un servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).