
Axustes de captura e gravación
Para abrir a vista de axustes da captura e da gravación antes
de facer unha fotografía ou de gravar un videoclip, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
e .
A vista de axustes de captura e de gravación dispón de
accesos directos a diferentes elementos e axustes antes de
facer unha fotografía ou de gravar un videoclip.
Ao pechar a cámara, restablécense os axustes
predeterminados de captura e de gravación.
Seleccione unha das opcións seguintes:
— Permite seleccionar a escena.
ou
— Permite cambiar entre o modo de vídeo e de
imaxe.
ou — Permite amosar ou ocultar a cuadrícula do visor
(só imaxes).
— Permite activar o temporizador automático (só
imaxes)
— Permite activar o modo de secuencia (só imaxes).
— Abra Galería.
Axustes de imaxe:
— Permite seleccionar un efecto de cor.
— Permite axustar o balance de brancos. Permite
seleccionar as condicións de iluminación actuais. Isto
permite que a cámara reproduza as cores de xeito máis
exacto.
— Permite axustar a compensación da exposición (só
imaxes). Se está a enfocar un motivo escuro en contraste cun
fondo moi luminoso, como a neve, axuste a exposición en +1
ou +2 para compensar o brillo do fondo. Cos motivos
brillantes situados contra un fondo escuro, utilice os axustes
-1 ou -2.
— Permite axustar a sensibilidade á luz (só imaxes).
Aumente a sensibilidade da luz en condicións de iluminación
baixas para evitar obter imaxes demasiado escuras e
borrosas. Ao aumentar a sensibilidade á luz tamén pode
aumentar o ruído da imaxe.
— Permite axustar o contraste (só imaxes). Permite
axustar a diferenza entre as zonas máis claras e as máis
escuras da imaxe.
— Permite axustar a nitidez (só imaxes).
A visualización da pantalla cambia segundo os axustes que
estableza.
Os axustes de captura son específicos do modo de captura. O
cambio dun modo a outro non restablece os axustes
definidos.
Se selecciona unha escena nova, os axustes de captura
substituiranse pola escena seleccionada. É posible cambiar
os axustes de captura despois de seleccionar unha escena se
é necesario.
Cámara
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
60

En caso de que modifique os axustes do zoom, da iluminación
ou da cor, é posible que o tempo de almacenamento da imaxe
capturada sexa superior.