Facer fotos
Cando realice a captura dunha imaxe, teña en conta o
seguinte:
● Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
● A calidade das imaxes sobre as que se aplicou o zoom
dixital é inferior á das imaxes sobre as que non se aplicou.
● A cámara pasa ao modo de aforro de enerxía unha vez
transcorrido aproximadamente un minuto de
inactividade.
● Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o
flash. Non utilice o flash para tomar imaxes de persoas ou
animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de imaxes.
1. Para pasar do modo de vídeo ao de imaxe, se é necesario,
seleccione >
.
2. Prema a tecla de captura. Non mova o dispositivo antes
de que se garde a imaxe e se amose a imaxe final na
pantalla.
Capturar imaxes coa cámara secundaria
1. Seleccione
Opcións
>
Usar cámara traseira
.
2. Para capturar unha imaxe, seleccione
. Non mova o
dispositivo antes de que se garde a imaxe e se amose a
imaxe final na pantalla.
Ampliar ou reducir unha imaxe durante a captura —
Empregue o control esvaradío do zoom.
Deixar a cámara aberta en segundo plano e utilizar
outras aplicacións — Prema a tecla de menú. Para volver á
cámara, manteña premida a tecla Capturar.