Transferencia de música dende un ordenador
É posible utilizar os seguintes métodos para transferir
música:
Cartafol de música
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
53
● Para instalar Nokia Ovi Player e xestionar e organizar os
seus ficheiros de música, descargue o software para PC na
páxina www.ovi.com, e siga as instrucións.
● Para ver o dispositivo nun ordenador como un dispositivo
de memoria masiva onde pode transferir ficheiros de
datos, establecer a conexión mediante un cable de datos
USB compatible ou a conectividade Bluetooth. Se está a
utilizar un cable USB, seleccione
Almacenaxe masiva
como modo de conexión. Cómpre inserir unha tarxeta de
memoria compatible no dispositivo.
● Para sincronizar música con Windows Media Player,
conecte un cable de datos USB compatible e seleccione
Transferencia multim.
como modo de conexión. Cómpre
inserir unha tarxeta de memoria compatible no
dispositivo.
Para cambiar o modo de conexión USB predeterminado,
seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
USB
>
Modo de conexión USB
.