
Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización de almacenaxe para todos
os videoclips da aplicación Centro de vídeo. É posible obter
unha lista dos videoclips descargados e dos gravados coa
cámara do teléfono en vistas separadas.
1. Para abrir un cartafol e ver videoclips, seleccione o
cartafol. Cando a reprodución dun videoclip está en
marcha, puntee na pantalla para usar as teclas de control
para controlar o reprodutor.
2. Para axustar o volume, prema a tecla de volume.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
●
Proseguir descarga
— Continuar unha descarga en
pausa ou con erros.
●
Cancelar descarga
— Cancelar unha descarga.
●
Detalles do vídeo
— Ver información sobre un videoclip.
●
Buscar
— Buscar un videoclip. Introduza un termo de
busca que coincida co nome do ficheiro.
●
Estado da memoria
— Ver o total de memoria libre e en
uso.
●
Ordenar por
— Ordenar videoclips. Seleccione a categoría
desexada.
●
Mover e copiar
— Mover ou copiar videoclips. Seleccione
Copiar
ou
Mover
e a situación desexada.