Transferencia de vídeo desde o
ordenador
Transfira os seus propios videoclips ao Centro de vídeo desde
dispositivos compatibles mediante un cable de datos USB
compatible. O Centro de vídeo amosa só os videoclips que se
atopan nun formato admitido polo dispositivo.
1. Para ver o teléfono nun ordenador como un dispositivo
de memoria masiva ao que pode transferir calquera
ficheiro de datos, estableza a conexión cun cable de datos
USB.
2. Seleccione
Almacenaxe masiva
como modo de
conexión. Cómpre inserir unha tarxeta de memoria
compatible no dispositivo.
3. Seleccione os videoclips que desexe copiar desde o
ordenador.
4. Transfira os videoclips a E:\Os meu vídeos na tarxeta de
memoria.
Centro de vídeo de Nokia
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
91
Os videoclips transferidos aparecerán no cartafol Os meus
vídeos do Centro de vídeo. Os ficheiros de vídeo doutros
cartafoles do dispositivo non se amosarán.