Cargar ficheiros desde a Galería
Pode cargar ficheiros desde Galería a un servizo para
compartir en liña.
1. Seleccione
Menú
>
Galería
e os ficheiros que quere
cargar.
2. Seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Cargar
e a conta
seleccionada.
3. Edite a mensaxe segundo sexa necesario.
4. Seleccione
Opcións
>
Cargar
.
16. Centro de vídeo de Nokia
Con Centro de vídeo de Nokia (servizo de rede), pode
descargar e transmitir por secuencias videoclips mediante
unha conexión polo aire desde servizos de vídeo da Internet
compatibles utilizando paquetes de datos ou a conexión
WLAN. Tamén pode transferir videoclips desde un ordenador
compatible ao teléfono e visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para
descargar vídeos pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
É posible que o teléfono dispoña de servizos predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos proporcionen
contido de xeito gratuíto ou que cobren unha tarifa. Consulte
o prezo no servizo ou ao fornecedor de servizos.
Ver e descargar videoclips
Conectarse aos servizos de vídeo
1. Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Centro víd.
.