Axustes de paquetes de datos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Axustes
admin.
>
Paquetes datos
.
Os axustes do paquete de datos afectan a todos os puntos de
acceso que empregan unha conexión de paquete de datos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
●
Conexión paquetes datos
— Se selecciona
Se está
dispoñible
e se atopa nunha rede que admite paquetes
de datos, o dispositivo rexistrarase na rede do paquete de
datos. O inicio dunha conexión de paquete de datos activa
(por exemplo, para enviar e recibir correos electrónicos)
faise de xeito máis rápido que se o dispositivo establece
unha conexión de paquete de datos cando a precisa. Se
non hai cobertura de paquetes de datos, o dispositivo
intenta establecer de forma periódica unha conexión de
paquete de datos. Se selecciona
Se cómpre
, o dispositivo
utilizará unha conexión de paquete de datos só se inicia
unha aplicación ou acción que a necesita.
●
Punto de acceso
— O nome do punto de acceso é
necesario para utilizar o dispositivo como un módem de
paquete de datos para un ordenador compatible.
Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
87
●
Acceso paq. alta velocid.
— Permite activar ou
desactivar o uso de HSDPA (servizo de rede) nas redes
UMTS.
15. Compartir en liña
Verbo de Compartir en liña
Seleccione
Menú
>
Internet
>
Comp. liña
.
Con Compartir en liña (servizo de rede), pode enviar imaxes,
videoclips e clips de son desde o seu dispositivo a servizos de
uso compartido en liña compatibles, como álbums e blogs.
Tamén é posible ver e enviar comentarios sobre as mensaxes
destes servizos e descargar contido ao seu teléfono Nokia
compatible.
Os tipos de contido admitido e a dispoñibilidade do servizo
Compartir en liña poden variar.
Subscrición aos servizos
Seleccione
Menú
>
Internet
>
Comp. liña
.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña,
acceda ao sitio web do fornecedor de servizos e comprobe
que o teléfono sexa compatible co devandito servizo. Cree
unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio
web. Recibirá un nome de usuario e un contrasinal necesarios
para configurar o seu dispositivo coa conta.
1. Para activar un servizo, abra a aplicación Compartir en liña
do seu dispositivo, seleccione un servizo e
Opcións
>
Activar
.
2. Permita ao dispositivo crear unha conexión de rede. Se se
lle solicita indicar un punto de acceso á Internet,
seleccione un da lista seguinte.
3. Siga as instrucións indicadas no sitio web do fornecedor
de servizos para iniciar sesión na súa conta.
Para obter información acerca da dispoñibilidade e custos
dos servizos de terceiros e dos custos da transferencia de
datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos ou
cun terceiro.
Xestión das súas contas
Para ver as súas contas, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
As miñas contas
.
Para crear unha conta nova, seleccione
Opcións
>
Engadir
nova conta
.
Para cambiar o nome de usuario ou contrasinal dunha conta,
seleccione a conta e
Opcións
>
Abrir
.
Para establecer a conta como predeterminada ao enviar
mensaxes desde o seu dispositivo, seleccione
Opcións
>
Fixar como predet.
.
Para eliminar unha conta, selecciónea seguido de
Opcións
>
Eliminar
.