Acerca da conectividade Bluetooth
Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha
conexión sen fíos a outros dispositivos compatibles, como
Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
82
dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares ou kits de
vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar elementos dende o seu
dispositivo, transferir ficheiros dende o seu ordenador
compatible e imprimir ficheiros cunha impresora compatible.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth se comunican mediante ondas de radio, non se
teñen que atopar nunha liña visual directa. Non obstante,
cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do
outro, aínda que a conexión pode sufrir interferencias debido
a obstáculos como paredes ou a outros dispositivos
electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0
+ EDR que admite os seguintes perfís: distribución de son
avanzada, tratamento básico de imaxes, identificación de
dispositivos, conexión á rede por liña conmutada,
transferencia de ficheiros, acceso xenérico, distribución de
son e vídeo xenérica, intercambio de obxectos xenérico,
mans libres, auriculares, envío de obxectos, acceso ao
caderno de teléfonos, porto en serie e acceso á SIM . Para
asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que
dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase en contacto cos
fabricantes dos outros dispositivos para obter información
sobre a compatibilidade con este dispositivo.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden
establecer conexións con dispositivos autorizados.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.