Nokia 5800 XpressMusic - Envío de datos mediante Bluetooth

background image

Envío de datos mediante Bluetooth

Pode ter varias conexións Bluetooth activas ao mesmo

tempo. Por exemplo, se está conectado a uns auriculares

compatibles, pode tamén transferir ficheiros a outro

dispositivo compatible.
1. Abra a aplicación onde se garda o elemento que desexa

enviar.

2. Vaia ata un elemento e seleccione

Opcións

>

Enviar

>

Por Bluetooth

.

Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen fíos

Bluetooth que se atopen dentro do seu alcance. As iconas

dos dispositivos son as seguintes:

ordenador

teléfono

dispositivo de vídeo ou de son

outros dispositivos

Para interromper a busca, seleccione

Deter

.

3. Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.
4. Se o outro dispositivo realiza unha petición de vinculación

para poder transferir os datos, escóitase un son e

solicítase inserir un código. Cómpre introducir o mesmo

código nos dous dispositivos.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe

Enviando datos

.

Consello: Cando se realiza a busca dos dispositivos, é

posible que algúns só amosen o enderezo único

(enderezo do dispositivo). Para atopar o enderezo

único do teléfono, na pantalla de inicio, insira

*#2820#.