
Acerca da WLAN
Para utilizar unha conexión LAN se fíos (WLAN), cómpre que
estea dispoñible no lugar onde se atope e que o seu
dispositivo estea conectado a ela. Algunhas WLAN están
protexidas, e precisa dunha clave de acceso do seu
fornecedor de servizos para conectarse a elas.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea
restrinxida nalgúns países. Por exemplo, en Francia,
unicamente está autorizado a utilizar as redes WLAN en
lugares interiores. Se desexa obter máis información, póñase
en contacto coas autoridades locais.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen autorización
para executarse en segundo plano mentres se utilizan outras
funcións, aumentan a demanda de enerxía da batería e
reducen a vida útil da mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:
● IEEE 802.11b/g e WAPI estándares
● Funcionamento a 2,4 GHz
Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
77

● Privacidade equivalente por cables (WEP) con claves de ata
128 bits, acceso protexido a Wi-Fi (WPA) e métodos de
autenticación 802.1x. Estas funcións pódense utilizar só se
a rede as admite.
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado
dispoñibles para aumentar a seguridade da conexión LAN sen
fíos. A utilización do cifrado reduce o risco de que accedan de
xeito non autorizado aos seus datos.