Nokia 5800 XpressMusic - Conexións WLAN

background image

Conexións WLAN

Para utilizar unha conexión LAN sen fíos (WLAN), cómpre

crear un punto de acceso á Internet (IAP) para a WLAN. Utilice

o punto de acceso para as aplicacións que necesitan

conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha conexión

de datos mediante un punto de acceso á Internet WLAN. A

conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a conexión de

datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou

cando o paquete de datos está activo. Só pode estar

conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN ao

mesmo tempo, pero varias aplicacións poden utilizar o

mesmo punto de acceso á Internet.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda pode

utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde cumprir con

todos os requisitos de seguridade aplicables cando estableza

e utilice unha conexión WLAN.

Consello: Para consultar o enderezo MAC único que

identifica o seu dispositivo, abra o teclado de

marcación e insira *#62209526#.