Administración de grupos de puntos de
acceso
Para evitar seleccionar un punto de acceso único cada vez que
o dispositivo fai unha conexión de rede, pode crear un grupo
que conteña varios puntos de acceso para conectar á rede e
definir a orde na que se usan os puntos de acceso. Por
exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN) e
puntos de acceso de paquetes de datos a un grupo de puntos
de acceso á Internet e usar o grupo para navegar pola web.
Se lle outorga á rede WLAN a prioridade máis alta, o
dispositivo conectarase á Internet por medio da WLAN se
estivese dispoñible, e por medio dunha conexión de paquetes
de datos se non estivese.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
.
Creación dun grupo de puntos de acceso novo —
Seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Adición de puntos de acceso a un grupo de puntos de
acceso — Selecione o grupo e, a continuación,
Opcións
>
Novo punto de acceso
.
Copia dun punto de acceso existente doutro grupo —
Seleccione o grupo, diríxase ao punto de acceso que desexe
copiar e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro
destino
.
Cambio da prioridade dun punto de acceso dun grupo —
Seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar prioridade
.