Axustes do punto de acceso WLAN
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
>
Punto de acceso
e siga as instrucións.
Edición dun punto de acceso LAN sen fíos (WLAN) —
Seleccione un grupo de puntos de acceso e o punto de acceso
marcado mediante . Siga as instrucións do seu fornecedor
de servizos de WLAN.
Seleccione entre as seguintes opcións:
●
Nome de rede WLAN
— Seleccione
Introdución manual
ou
Buscar redes
. Se selecciona unha rede existente,
determinarase o modo de rede WLAN e o modo de
seguridade WLAN mediante os axustes do seu dispositivo
de punto de acceso.
●
Estado de rede
— Permite definir se desexa que se amose
o nome da rede.
●
Modo de rede WLAN
— Seleccione
Ad-hoc
para crear
unha rede "ad hoc" e para permitir que os dispositivos
envíen e reciban datos directamente (non se necesita un
dispositivo de punto de acceso WLAN). Nunha rede "ad
hoc", cómpre que todos os dispositivos utilicen o mesmo
nome de rede WLAN.
●
Modo seguridade WLAN
— Seleccione a codificación
usada:
WEP
,
802.1x
ou
WPA/WPA2
(802.1x e WPA/WPA2
Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
81
non están dispoñibles para redes ad hoc). Se selecciona
Rede aberta
, non se usa ningunha codificación. As
funcións WEP, 802.1x e WPA pódense usar só se a rede as
admite.
●
Páxina de inicio
— Permite inserir o enderezo web da
páxina de inicio.
●
Usar punto de acceso
— Permite axustar o dispositivo
para crear unha conexión mediante este punto de acceso
de xeito automático ou despois da súa confirmación.
As opcións dispoñibles poden variar.