
Contactos da SIM
O número de contactos que se pode almacenar na tarxeta SIM
é limitado.
Visualización dos contactos que se atopan almacenados
na tarxeta SIM na lista de contactos — Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Contactos que amosar
>
Memoria
da SIM
.
É posible que os números gardados na lista de contactos non
se garden automaticamente na súa tarxeta SIM.
Copia de contactos na tarxeta SIM — Desprácese ata un
contacto e seleccione
Opcións
>
Copiar
>
Memoria da
SIM
.
Selección da memoria predeterminada na que desexa
gardar os novos contactos — Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Memoria gardado predet.
>
Memoria do
teléfono
ou
Memoria da SIM
.
Os contactos gardados na memoria do dispositivo poden
conter máis dun número de teléfono e unha imaxe.