Escritura manual
Para activar o modo de escritura manual, puntee
e
Escritura manual
.
Escriba caracteres verticais lexibles na zona de entrada de
texto e deixe un espazo entre cada carácter.
Para que o dispositivo aprenda o seu estilo de escritura,
puntee e
Práctica escrit. manual
.
Para introducir letras e números (modo predeterminado),
escriba as palabras normalmente. Para seleccionar o modo
numérico, puntee no panel dereito da zona de entrada.
Para introducir caracteres non latinos, puntee a icona
correspondente, se se atopa dispoñible.
Para escribir caracteres especiais,
escríbaos normalmente. Tamén é
posible puntear no panel dereito
da zona de entrada e seleccionar o
carácter desexado na táboa
emerxente.
Para eliminar caracteres ou mover o cursor cara a atrás,
desprácese cara atrás (consulte a ilustración 1). Para
introducir un espazo, desprácese cara a adiante (consulte a
ilustración 2).