Modo de saída de televisión
É posible ver as súas imaxes e videoclips nun televisor
compatible.
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
Para ver as súas imaxes e videoclips nun televisor compatible,
use o Cable de saída de vídeo de Nokia.
Antes de ver as imaxes e os videoclips no televisor, é posible
que precise definir o sistema de televisor (PAL ou NTSC) e o
formato (pantalla panorámica ou normal).
Definición do sistema e do formato de televisor —
Seleccione
Teléfono
>
Accesorios
>
Saída de TV
.
No modo de saída de televisión, non se pode utilizar esta
como visor de cámara.
Visualización de imaxes e reprodución de
videoclips nun televisor
1. Conecte un cable de saída de vídeo Nokia á entrada de
vídeo dun televisor compatible.
2. Conecte o outro extremo do cable no conectador de AV de
Nokia do dispositivo.
3. Pode que necesite seleccionar o modo de cable USB.
4. Seleccione
Menú
>
Galería
e unha imaxe ou un
videoclip.
As imaxes visualízanse no
visor de imaxes e os
videoclips reprodúcense no
reprodutor RealPlayer.
Todo o audio, incluíndo as
chamadas activas, o audio de
videoclips estéreo, os tons
das teclas e os tons das
chamadas reprodúcense a
través do televisor. Pode usar
o micrófono do dispositivo
normalmente.
A imaxe aberta amósase en modo de pantalla completa no
televisor. Se abre unha imaxe na vista de imaxes en miniatura
mentres se visualiza no televisor, non se poderá usar o zoom.
Se selecciona un videoclip, reproducirase na pantalla do
dispositivo e na pantalla da televisión.
É posible ver imaxes en forma de presentación de
diapositivas no televisor. Todos os elementos dun álbum ou
Galería
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
58
as imaxes marcadas visualízanse no televisor en modo de
pantalla completa.
A calidade da imaxe do televisor pode variar en función da
resolución do dispositivo conectado.
Os sinais de radio sen fíos, como as chamadas entrantes,
poden producir interferencias na imaxe de televisión.
11. Cámara
O seu Nokia 5800 XpressMusic ten dúas cámaras, unha
cámara de alta resolución na parte posterior do dispositivo e
unha cámara de resolución inferior na parte frontal. Pode
utilizar ámbalas dúas cámaras para capturar imaxes e gravar
vídeos.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes
de 2048x1536 píxeles. A resolución de imaxe amosada nesta
guía pode ter un aspecto diferente.
Activación da cámara
Para activar a cámara, prema na tecla Capturar.
Para activar a cámara secundaria, active a cámara principal e
seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
.
Captura de imaxes
Controis e indicadores en pantalla para a
captura de imaxes fixas
O visor de imaxes fixas amosa o seguinte:
1 — Indicador do modo de captura
2 — Control deslizante do zoom. Para activar ou desactivar o
control desprazable do zoom, puntee a pantalla.
3 — Icona de captura. Selecciónea para capturar unha imaxe.
4 — Modo de flash. Seleccióneo para cambiar axustes.
5 — Axustes de captura. Seleccióneo para cambiar axustes.
6 — Indicador do nivel de carga da batería
7 — Indicador de resolución da imaxe
8 — Contador de imaxes (o número de imaxes aproximado
que pode capturar utilizando o axuste de calidade da imaxe
actual e a memoria dispoñible)
9 — Memoria en uso. Dependendo da configuración do
dispositivo, existen as seguintes opcións: memoria do
teléfono ( ) ou tarxeta de memoria (
).