Visualización de organización de
ficheiros
Seleccione
Menú
>
Galería
e unha das seguintes opcións:
●
Imaxes e vídeos
— Permite ver imaxes no visor de
imaxes e vídeos no Centro de vídeo.
●
Cancións
— Permite abrir o reprodutor de música.
●
Clips de son
— Permite escoitar clips de son.
●
Outros medios
— Permite ver presentacións.
Pode buscar, abrir e crear cartafoles, así como marcar, copiar,
mover e engadirlles elementos.
Os ficheiros que están gardados na tarxeta de memoria
compatible (se está inserida) indícanse mediante
.
Para abrir un ficheiro, seleccióneo da lista. Os videoclips e
ficheiros coa extensión .ram ábrense e reprodúcense no
Centro de vídeo, e os clips de música e de vídeo fano no
reprodutor de música.
Para copiar ou mover ficheiros á tarxeta de memoria (se está
inserida) ou á memoria do teléfono, seleccione un ficheiro e
Opcións
>
Organizar
>
Copiar
ou
Mover
e algunha das
opcións dispoñibles.