Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de
radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións programadas
polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a
través da Internet (chamadas da Internet), active as
chamadas da Internet e o teléfono móbil. O dispositivo
intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través das
redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se
atopan activados. Non se pode garantir que a conexión
funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente
dun dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, como urxencias médicas.
Información do produto e de seguridade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
117
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a
intensidade do sinal é a axeitada. En función do
dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o
seguinte:
● Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
● Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
● Cambie o perfil de modo de perfil desconectado a un
perfil activo.
● Se a pantalla e as teclas están bloqueadas, deslice o
interruptor de bloqueo no lateral do dispositivo para
desbloquealas.
2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a
pantalla e preparar o dispositivo para as chamadas.
3. Abra o marcador seleccionando a icona correspondente
( ).
4. Insira o número de emerxencia oficial da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden variar en
cada localidade.
5. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a
información necesaria do xeito máis preciso posible. É
posible que o teléfono sen fíos sexa o único medio de
comunicación na escena dun accidente. Non finalice a
chamada ata que reciba permiso para facelo.