Dispositivos médicos
A utilización de equipos de transmisión por radio, incluídos
os teléfonos sen fíos, pode producir interferencias no
funcionamento de dispositivos médicos incorrectamente
protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante
do dispositivo médico para determinar se se atopa
axeitadamente protexido da enerxía de radiofrecuencia
externa. Apague o dispositivo cando así o esixan as
normativas correspondentes. É posible que os hospitais ou
os centros de atención médica utilicen equipos que resulten
sensibles á enerxía de radiofrecuencia externa.