Accións na pantalla táctil
Tocar e tocar dúas veces
Normalmente, para abrir unha aplicación ou outro elemento
da pantalla táctil, terá que tocalo co dedo ou co estilete, mais
para abrir os elementos seguintes, cómpre tocar neles dúas
veces.
● Elementos de lista dunha aplicación, como o cartafol
Borrador da lista de cartafoles de Mensaxería
Consello: Ao abrir unha vista de lista, xa estará
resaltado o primeiro elemento. Para abrir o
elemento resaltado, tóqueo unha vez.
● Aplicacións e cartafoles do menú ao empregar o tipo de
vista de lista
● Ficheiros dunha lista, por exemplo, unha imaxe na vista de
vídeos e imaxes na Galería.
Se toca nun ficheiro ou un elemento similar unha vez, non
se abre, resáltase. Para ver as opcións dispoñibles para o
elemento, seleccione
Opcións
ou, de estar dispoñible,
seleccione unha icona na barra de ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación para o usuario, por "seleccionar"
enténdese abrir aplicacións ou elementos tocando neles
unha ou dúas veces. Se precisa seleccionar varios elementos
nunha secuencia, os textos da pantalla que se van seleccionar
sepáranse mediante frechas.
Exemplo: Para seleccionar
Opcións
>
Guía do
usuario
, toque en
Opcións
e, a continuación, en
Guía
do usuario
.
Arrastrar
Para arrastrar un elemento, tóqueo co dedo ou co estilete e
deslíceo pola pantalla.
Exemplo: Para desprazarse cara arriba ou cara abaixo
por unha páxina web, arrastre a páxina co dedo ou co
estilete.
Desprazarse
Para desprazarse, deslice o dedo rapidamente na pantalla
cara á esquerda ou á dereita.
Exemplo: Cando estea a
ver unha imaxe, para ver
a seguinte ou a anterior,
deslícea cara á esquerda
ou á dereita
respectivamente.
Introdución
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
15
Desbloqueo de pantalla
con desprazamento
Desprazarse para desbloquear a pantalla táctil — Para
desbloquear a pantalla táctil sen responder a unha chamada,
despŕacese da dereita á esquerda. O ton de chamada
silénciase automaticamente. Para responder á chamada,
prema a tecla Chamar ou para rexeitala, prema a tecla Fin.
Desprazarse para responder a unha chamada — Para
responder a unha chamada entrante, desprácese da
esquerda á dereita.
Desprazarse para deter unha alarma — Para deter a
alarma, desprácese da esquerda á dereita. Para repetir a
alarma, desprácese da dereita á esquerda.
Desprazarse cara arriba ou abaixo
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que
dispoñan dunha barra de desprazamento, arrastre o control
deslizante da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas pode desprazarse colocando o
dedo ou o estilete nun elemento da lista e arrastrándoo cara
arriba ou abaixo.
Exemplo: Para desprazarse polos contactos, coloque
o dedo ou o estilete nun contacto e arrástreo cara
arriba ou abaixo.
Consello: Para ver unha breve descrición das iconas e
os botóns, coloque o dedo ou o estilete nestes. As
descricións non están dispoñibles para todas as iconas
e botóns.
Luz da pantalla táctil
Logo dun período de inactividade, a luz da pantalla táctil
apágase. Para acender a luz da pantalla, tóquea.
De estaren bloqueadas as teclas e a pantalla táctil, ao tocar
esta non se acenderá a luz da pantalla. Para desbloquear a
pantalla e as teclas, deslice o interruptor de bloqueo.