
Asistencia técnica
Se desexa obter máis información verbo do uso do seu
produto ou se non está seguro do funcionamento do seu
teléfono, consulte a páxina www.nokia.com/support, ou se
está utilizando un dispositivo móbil, a páxina nokia.mobi/
support. Tamén pode ler a guía no dispositivo. Seleccione
Menú
>
Axuda
.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das
seguintes opcións:
● Restaurar os axustes orixinais de fábrica
● Actualizar o software do dispositivo
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto
con Nokia para obter información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte a páxina www.nokia.com/repair. Antes
de enviar o dispositivo a reparar, garde sempre unha copia
de seguridade dos datos do dispositivo.