
Carga da batería
A batería ven cargada parcialmente de fábrica. Se o
dispositivo indica que o nivel de carga da batería é baixo, faga
o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique que a batería está
completamente cargada, desconecte o cargador do
dispositivo e, a continuación, da toma de parede.
Non é preciso cargar a batería durante un período de tempo
específico e é posible utilizar o dispositivo mentres se está a
cargar. Se a batería está completamente descargada, é
posible que teña que esperar varios minutos para poder
Introdución
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
12

efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de
carga na pantalla.
Consello: Desconecte o cargador da toma da parede
cando non se estea a utilizar. Un cargador conectado a
unha toma de parede consume enerxía aínda que non
estea conectado ao dispositivo.