Inserción da tarxeta SIM
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire
sempre a batería antes de inserir ou extraer a tarxeta.
É posible que xa se atope inserida unha tarxeta SIM no
teléfono. En caso contrario, siga os pasos que se describen a
continuación:
1. Abra a tapa da rañura
da tarxeta SIM.
2. Insira unha tarxeta
SIM na rañura.
Asegúrese de que a
zona de contactos da
tarxeta estea
orientada cara arriba
e de que a esquina
biselada da tarxeta
estea orientada cara ao teléfono.
Empuxe a tarxeta cara o interior.
3. Peche a tapa da rañura da tarxeta
SIM. Asegúrese de que a tapa estea
correctamente pechada.
Se a tarxeta SIM non está colocada
axeitadamente, o teléfono só se
poderá empregar no perfil
Desconectado.