
Acerca dos métodos de
posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa a través de conexións
GPS, A-GPS, WLAN ou posicionamento baseado na ID da cela.
O Sistema de Posicionamento Global (GPS) é un sistema
baseado en satélite que se emprega para calcular a súa
situación. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede que lle
envía datos GPS, o que axuda a mellorar a velocidade e a
precisión do posicionamento.
A utilización dunha rede de área local sen fíos (WLAN) mellora
a precisión do posicionamento cando non se dispón de sinal
GPS, especialmente en interiores ou cando se atope entre
edificios altos.
Co posicionamento baseado na ID da cela, a posición
determínase a través da antena á que estea conectado o seu
dispositivo móbil nese momento.
Cando utilice Mapas por primeira vez, pediráselle que defina
o punto de acceso á Internet que se empregará para
descargar a información do mapa, usar A-GPS ou conectarse
a unha rede WLAN.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo
goberno dos Estados Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A precisión dos datos de
localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da política de GPS civil
do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de
radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo
Mapas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
70

nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa localización, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean
dispoñibles no interior dos edificios ou en pasos
subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha
localización precisa e vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a
navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que
se produzan erros de redondeo. A precisión tamén se pode
ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS.
Nota: En Francia, unicamente está autorizado a
empregar as redes WLAN en lugares interiores.