A miña posición
.
Mapas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
68
Cando a conexión GPS está activa, indica no mapa a súa
posición actual ou última coñecida. Se as cores da icona son
débiles, o sinal GPS non está dispoñible.
Cando unicamente está dispoñible o posicionamento
baseado no ID de móbil, un halo vermello ao redor da icona
de posicionamento indica a zona na que pode estar. A
exactitude da estimación aumenta en áreas de poboación
densa.
Desprazamento polo mapa — Arrastre o mapa co dedo. O
mapa está orientado cara ao norte por defecto.
Ver a posición actual ou última coñecida — Seleccione
.
Ampliar e reducir — Seleccione + ou -.
Se explora unha zona que non está cuberta polos mapas
almacenados no seu dispositivo e hai unha conexión de datos
activa, descargarase automaticamente un mapa novo.
A cobertura de mapas varía segundo o país ou a rexión.