Axustes de mensaxes multimedia
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
●
Tamaño da imaxe
— Permite definir o tamaño das
imaxes das mensaxes multimedia.
●
Modo creación MMS
— Se selecciona
Guiado
, o
dispositivo informaralle de que se intenta enviar unha
mensaxe, pode que non sexa admitida polo destinatario.
Se selecciona
Restrinxido
, o dispositivo impediralle que
envíe mensaxes que pode que non sexan admitidas polo
destinatario. Para incluír contido nas mensaxes sen
notificacións, seleccione
Libre
.
●
Punto de acceso en uso
— Seleccione que punto de
acceso se usa como conexión preferida.
●
Recuperación multimedia
— Seleccione como desexa
recibir mensaxes, se está dispoñible. Para recibir
mensaxes automaticamente na súa rede propia,
seleccione
Auto. rede propia
. Cando se atope fóra da súa
rede propia, recibirá unha notificación de que hai unha
mensaxe para recuperar no centro de mensaxes
multimedia. Se selecciona
Sempre automática
, o
dispositivo establecerá automaticamente unha conexión
de paquetes de datos activa para recuperar a mensaxe
tanto dentro como fóra da súa rede propia. Seleccione
Manual
para recuperar mensaxes multimedia do centro
de mensaxes manualmente ou
Desactivado
para evitar
recibir ningunha mensaxe multimedia. Poida que a
recuperación automática non se admita en todas as
rexións.
●
Permitir mens. anónimas
— Rexeita mensaxes de
remitentes anónimos.
●
Recibir publicidade
— Recibe anuncios por mensaxes
multimedia (servizo de rede).
●
Informes recepción
— Mostra o estado das mensaxes
enivadas no rexistro (servizo de rede).
●
Denegar envío informes
— Evita que o dispositivo envíe
informes de entrega de mensaxes recibidas.
●
Validez das mensaxes
— Permite seleccionar durante
canto tempo desexa que o centro de mensaxes reenvíe a
súa mensaxe se non o consegue a primeira vez (servizo de
rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste
período de tempo, eliminarase do centro de mensaxes.
O dispositivo require cobertura de rede para indicar que unha
mensaxe enviada foi recibida ou lida. Dependendo da rede e
outras circunstancias, esta información non é fiable sempre.