Definición dos axustes de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Caixa de correo
.
Para usar o correo electrónico, cómpre ter definido un punto
de acceso válido á Internet (IAP) no dispositivo e definir os
axustes de correo electrónico correctamente.
Cómpre dispoñer dunha conta de correo electrónico
individual. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos
da Internet (ISP) e da caixa de correo remota.
Se selecciona
Mensaxería
>
Caixa de correo
e non ten
configurada a súa conta de correo electrónico, solicitaráselle
efectuar esta acción. Para iniciar a definición dos axustes de
correo electrónico coa guía da caixa de correo, seleccione
Iniciar
.
Cando se crea unha nova caixa de correo, o nome que lle
asigne substituirá a Caixa de correo na vista principal de
Mensaxería. É posible dispoñer de ata seis caixas de correo.