Recuperación de mensaxes de correo electrónico
automaticamente — Seleccione
Opcións
>
Axustes de
correo
>
Recuperación autom.
.
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
Eliminación de mensaxes de correo
electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e unha caixa de correo.
Eliminación do contido dun correo electrónico
unicamente dende o dispositivo — Seleccione
Opcións
>
Borrar
>
Só do teléfono
. O correo electrónico non se
eliminará da caixa de correo remota.
O teléfono reflicte as cabeceiras dos correos electrónicos da
caixa de correo remota. Se elimina o contido da mensaxe, a
cabeceira da mensaxe de correo electrónico permanecerá no
teléfono. Se desexa eliminar tamén a cabeceira, cómpre que
estea conectado ao servidor cando elimine a mensaxe do
dispositivo e da caixa de correo remota. De non existir unha
conexión co servidor, eliminarase a cabeceira ao establecerse
unha conexión do teléfono á caixa de correo remota para
actualizar o estado.
Eliminación dun correo electrónico do dispositivo e da
caixa de correo remota — Seleccione
Opcións
>
Borrar
>
Do teléfono e servidor
.
Cancelación da eliminación dun correo electrónico
marcado para eliminarse do dispositivo e do servidor
— Seleccione
Opcións
>
Recuperar
.
Mensaxería
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
47