Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa
que é posible que conteñan software nocivo ou daniño para
o dispositivo ou o ordenador.
Para poder crear mensaxes multimedia ou escribir correos,
cómpre que estean definidos os axustes de conexión
axeitados.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes
MMS. Se a imaxe inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles
poden recibir e visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en función do dispositivo
de recepción.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes de correo co seu
fornecedor de servizos. Se tenta enviar unha mensaxe de
correo que supere o límite de tamaño do servidor de correo,
a mensaxe quedará no cartafol Caixa de saída e o dispositivo
intentará enviala periodicamente. Para enviar un correo
cómpre dispoñer dunha conexión de datos e os intentos
repetidos de reenvío de correos electrónicos poden aumentar
a súa factura do seu fornecedor de servizos. No cartafol Caixa
de saída, pode borrar a devandita mensaxe ou movela ao
cartafol Borradores.
A mensaxería require servizos de rede.
Enviar unha mensaxe de texto ou multimedia —
Seleccione
Nova mensaxe
.
Enviar unha mensaxe de audio ou de correo — Seleccione
Opcións
>
Crear mensaxe
, e a opción relevante.
Seleccionar os destinatarios ou grupos da lista de
contactos — Seleccione da barra de ferramentas.
Introducir o número ou o enderezo de correo
manualmente — Puntee no campo
Para
.
Introducir o asunto da mensaxe multimedia ou de
correo — Insírao no campo Asunto. Se o campo Asunto non
está visible, seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
para cambiar os campos que estean visibles.
Escribir a mensaxe — Puntee no campo da mensaxe.
Engadir un obxecto para a mensaxe ou o correo —
Seleccione e o tipo de contido relevante. O tipo de mensaxe
pode cambiar a mensaxe multimedia segundo o contido
inserido.
Enviar a mensaxe ou o correo — Seleccione
, ou prema
a tecla chamar.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ao límite para as mensaxes simples. As mensaxes
que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes enviadas. Os
Mensaxería
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
44
caracteres con acentos e outros signos de puntuación, ou
algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de
caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.