Nokia 5800 XpressMusic - Vista principal da mensaxería

background image

Creación dunha mensaxe nova — Seleccione

Nova

mensaxe

.

Consello: Para evitar ter que volver escribir mensaxes

que envía con frecuencia, utilice as mensaxes gardadas

da carpeta Modelos en As miñas carpetas. Tamén pode

crear e gardar os seus propios modelos.

A mensaxería contén os seguintes cartafoles:

Caixa de entrada

— Permite almacenar as mensaxes

recibidas, agás as mensaxes de correo electrónico e de

información de cela.

As miñas carp.

— Organice as súas mensaxes en

cartafoles.

Caixa de correo

— Conéctese coa súa caixa de correo

remota para recuperar mensaxes de correo electrónico

novas ou ver mensaxes de correo electrónico recuperadas

previamente fóra de liña.

Borrador

— Permite almacenar os borradores non

enviados.

Enviados

— Nesta carpeta almacénanse as últimas

mensaxes que se enviaron, agás as mensaxes enviadas

mediante a conectividade Bluetooth. É posible definir o

número de mensaxes que desexa que se garden nesta

carpeta.

Caixa de saída

— As mensaxes que están agardando

a ser enviadas almacénanse temporalmente na Caixa de

saída, por exemplo, cando o dispositivo se atopa fóra da

cobertura da rede.

Mensaxería

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

43

background image

Informes entreg.

— Pode solicitar que a rede lle

envíe un informe de entrega das mensaxes de texto e

mensaxes multimedia que enviou (servizo de rede).