Accesos directos
Para cambiar entre aplicacións que estean abertas, manteña
premida a tecla Menú. Deixar aplicacións executándose en
segundo plano aumenta o consumo de enerxía e reduce a
duración da batería.
Para iniciar unha conexión web (servizo de rede), no
marcador, manteña premida a tecla 0.
Para acceder ás aplicacións dispoñibles da barra multimedia,
como o reprodutor de música ou o explorador web, prema,
en calquera vista, a tecla multimedia.
Para cambiar o perfil, prema a tecla de acendido e seleccione
un perfil.
Para chamar á súa caixa de correo de voz (servizo de rede),
no marcador, toque 1 de xeito prolongado.
Para abrir a lista dos últimos números marcados, na pantalla
de inicio, prema a tecla Chamar.
Para utilizar comandos de voz, na pantalla de inicio, manteña
premida a tecla Chamar.