Auriculares
É posible conectar uns auriculares compatibles ao
dispositivo. É posible que necesite seleccionar o modo de
cable.
Aviso: Cando utilice os
auriculares, é posible que a súa
capacidade para escoitar sons do
exterior se vexa afectada. Non utilice
os auriculares en situacións nas que se
poida poñer en risco a súa seguridade.
Non conecte produtos que poidan
emitir sinais de saída, xa que poderían
producirse danos no dispositivo. Non
conecte ningunha fonte de tensión ao
conector AV de Nokia.
Cando conecte un dispositivo externo
ou uns auriculares distintos dos
autorizados por Nokia para utilizalos
con este dispositivo ao conector AV de
Nokia, preste atención especial ao nivel do volume.