Perfil Desconectado
O perfil fóra de liña permite usar o dispositivo sen necesidade
de conectarse á rede móbil sen fíos. Se o perfil Fóra de liña
está activo, poderá usar o dispositivo sen unha tarxeta SIM.
Activar o perfil Fóra de liña — Prema un intre a tecla de
acendido e seleccione
Fóra de liña
.
Ao activar o perfil Fóra de liña, a conexión coa rede móbil
péchase. Prohíbese o envío e recepción de todos os sinais de
radiofrecuencia entre o dispositivo e a rede móbil. Se intenta
enviar mensaxes mediante a rede móbil, colocaranse na
carpeta Caixa de saída para enviarse máis tarde.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible
efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar outras funcións
que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen embargo,
poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. Para efectuar chamadas,
primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a
modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.
Cando active o perfil Fóra de liña, aínda poderá usar a rede
LAN sen fíos (WLAN), por exemplo, para ler o seu correo
electrónico ou para navegar pola Internet. Tamén se pode
usar a conectividade Bluetooth no perfil Fóra de liña. Non
esqueza cumprir os requisitos de seguridade aplicables ao
establecer e usar conexións WLAN ou Bluetooth.
O dispositivo
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
24