Inserción da tarxeta de memoria
É posible que xa se atope inserida no dispositivo unha tarxeta
de memoria. En caso contrario, siga os pasos que se describen
a continuación:
1. Abra a tapa da rañura
da tarxeta de
memoria.
2. Insira unha tarxeta de memoria
compatible na rañura. Asegúrese de
que a zona de contacto estea
orientada cara arriba. Empuxe a
tarxeta cara o interior. Escoitará un
clic cando a tarxeta encaixe no seu
lugar.
3. Peche a tapa da rañura da tarxeta de
memoria. Asegúrese de que a tapa
estea correctamente pechada.