Nokia 5800 XpressMusic - Consellos para crear unha conexión GPS

background image

Consellos para crear unha conexión

GPS

Comprobación do estado do sinal de satélite

Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Situación

e

Datos GPS

>

Opcións

>

Estado do satélite

.

Se o dispositivo atopou

sat lites, amosarase

unha barra para cada un

na vista de informacin

de sat lites. Canto máis

longa sexa a barra, máis

potente será o sinal do

satélite. Se o dispositivo

recibiu información abondo do sinal do satélite para calcular

as coordenadas da súa posición, a barra cambia de cor.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites

como mínimo para poder calcular as coordenadas da súa

posición. Despois do cálculo inicial pode que sexa posible

seguir calculando as coordenadas da súa posición con tres

satélites. No entanto, a precisión adoita mellorar cando se

atopan máis satélites.
Para ver a posición dos satélites atopados, seleccione

Camb.

vista

.

Se non se atopa ningún sinal de satélite, o problema pode

radicar nun dos puntos seguintes:
● Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para

recibir un sinal mellor.

● Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis

aberto.

● Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade do

sinal pódese ver afectada.

● Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que

poden bloquear os sinais dos satélites.

Asegúrese de non cubrir a antena coa man.
O establecemento dunha conexión GPS pode

tardar dende un par de segundos ata algúns

minutos. O establecemento dunha conexión

GPS nun vehículo pode tardar máis tempo.
O receptor GPS aliméntase da batería do

teléfono. Se usa o GPS, é posible que a batería

se esgote con máis rapidez.