Nokia 5800 XpressMusic - Aforro de enerxía

background image

Batería

Información sobre a batería e o cargador

O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería

deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-5J. Nokia pode

fabricar modelos de batería adicionais para este dispositivo.

O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes

cargadores: AC-8, AC-5. O número exacto do modelo do

cargador pode variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo

de enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C, K,

ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero

finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no

modo de espera e durante as conversas telefónicas se reduza

considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías

autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con

cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse