Compartir vídeo
Utilice a función de compartir vídeo (servizo de rede) para
enviar vídeo en directo ou un videoclip desde o teléfono
móbil a outro dispositivo móbil compatible durante unha
chamada de voz.
O altofalante está activo cando activa o uso compartido de
vídeo. Se non desexa utilizar o altofalante para a chamada de
voz mentres comparte vídeo, tamén pode utilizar auriculares
compatibles.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de
volume pode danar a súa capacidade auditiva. Escoite música
a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do
seu oído co altofalante activado.