Aceptación dunha invitación para compartir
vídeo
Cando alguén lle envía unha invitación para compartir vídeo,
a mensaxe de invitación amosa o nome do remitente ou o
enderezo SIP.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non se
atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G, non recibirá
a invitación.
Aceptación da invitación recibida — Seleccione
Si
. A
sesión de uso compartido activarase.
Rexeitar a invitación recibida — Seleccione
Non
. O
remitente recibe unha mensaxe de que rexeitou a invitación.
Tamén pode premer a tecla fin para rexeitar a invitación e
finalizar a chamada de voz.
Finalización da sesión de uso compartido — Seleccione
Deter
ou finalice a chamada de voz. Cando finalice unha
chamada, a función de compartir vídeo tamén finalizará.