Axustes de compartir vídeo
Para configurar a función de compartir vídeo, necesita
establecer os axustes da conexión de persoa a persoa e de
3G.
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome
de conexión de Protocolo de Inicio da Sesión (SIP). Cómpre
configurar os axustes do perfil SIP no dispositivo para poder
utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil SIP e gárdeos no
seu dispositivo. O seu fornecedor de servizos pode enviarlle
os axustes ou proporcionarlle unha lista dos parámetros
necesarios.
Adición dun enderezo SIP a un contacto
1. Seleccione
Menú
>
Axenda
.
2. Seleccione un contacto ou cree un contacto novo.
3. Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4. Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir
vídeo
.
5. Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar un
enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar
o número de teléfono do destinatario, incluído o prefixo
de país, para compartir vídeo (se o fornecedor de servizos
de rede o admite).
Configuración da conexión 3G — Póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos para establecer un acordo para
que poida usar a rede 3G.
Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de acceso
3G do dispositivo están configurados correctamente. Para
obter máis información sobre os axustes póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.