Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require o uso dunha conexión
3G. A súa capacidade para usar a función de compartir vídeo
depende da dispoñibilidade da rede 3G. Para obter máis
información sobre o servizo, a dispoñibilidade da rede 3G e
as tarifas asociadas co uso deste servizo, póñase en contacto
co fornecedor do servizo.
Para o uso compartido de vídeo, asegúrese de que:
● O dispositivo estea configurado para establecer conexións
de persoa a persoa.
● Dispón dunha conexión 3G activa e que se atopa dentro da
zona de cobertura de rede 3G. Se se despraza fóra da zona
de cobertura da rede 3G durante unha sesión de compartir
vídeo, o uso compartido finalizará mentres continúa a súa
chamada de voz.
● Tanto o remitente como o destinatario se atopan
rexistrados na rede 3G. Se convida a alguén a unha sesión
para compartir contidos e o dispositivo do destinatario
non se atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G ou
non dispón da función para compartir vídeo instalada ou
Realización de chamadas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
32
non configurou as conexións de persoa a persoa, o
destinatario non recibirá as invitacións. Nese caso, recibirá
unha mensaxe de erro que lle indicará que o destinatario
non pode aceptar a invitación.