Realización de videochamadas
Cando fai unha videochamada (servizo de rede), pode ver un
vídeo a tempo real, bidireccional entre vostede e o
destinatario da chamada. O vídeo en directo capturado pola
cámara amósase ao destinatario da videochamada.
Para poder facer unha videochamada, cómpre dispoñer
dunha tarxeta USIM e atoparse dentro da zona de cobertura
dunha rede 3G. Para consultar a dispoñibilidade, os custos e
Realización de chamadas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
30
a subscrición aos servizos de videochamada, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
As videochamadas só se poden facer entre dúas partes. As
videochamadas poden realizarse a un dispositivo móbil
compatible ou a un cliente RDSI. As videochamadas non se
poden facer mentres está activa outra chamada de voz, vídeo
ou datos.
Indicadores
Non está a recibir vídeo (o destinatario non está a enviar
vídeo ou a rede non o está a transmitir).
Rexeitou o envío de vídeos dende o seu dispositivo. Para
enviar unha imaxe, selecciónea
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
>
Imaxe en videochamada
.
Mesmo se rexeitou o envío de vídeo durante unha
videochamada, a chamada cobrarase como unha
videochamada. Para comprobar os custos, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
1. Na pantalla de inicio, seleccione para abrir o marcador
e insira o número de teléfono.
2. Seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
.
A cámara secundaria situada na parte dianteira utilízase
de xeito predeterminado nas videochamadas. Iniciar
unha videochamada pode tardar uns intres. Se a chamada
non se pode realizar (por exemplo, se a rede non admite
as videochamadas ou o dispositivo de recepción non é
compatible), preguntaráselle se desexa intentar realizar
unha chamada normal ou enviar unha mensaxe.
A videochamada estará activa cando se visualicen dous
vídeos e se escoite o son a través do altofalante. É posible
que o destinatario da chamada rexeite o envío de vídeos
(indicado mediante ) e vostede só escoitará a voz do
emisor da chamada e é posible que vexa unha imaxe ou
unha pantalla gris.
Finalización dunha videochamada — Prema a tecla Fin.