Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun
fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas funcións non se
atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para
poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer
acordos específicos co seu fornecedor de servizos. Os servizos
de rede implican a transmisión de datos. Comprobe co seu
fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede
propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode
explicarlle os importes que lle serán cargados polo servizo. É
posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao
modo en que se poden utilizar algunhas funcións deste
dispositivo que requiran soporte da rede, como soporte para
tecnoloxías específicas como os protocolos WAP 2.0 (HTTP e
SSL) que se executan en protocolos TCP/IP e caracteres
dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a
desactivación ou non activación de determinadas funcións
no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o
dispositivo dispoña de elementos personalizados como os
nomes ou a orde dos menús e as iconas.
Seguridade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
9